Abre as súas portas a piscina municipal de Rábade

O 6 de xullo abren as súas portas as piscinas municipais de Rábade.

O horario é de 12 a 20 horas ininterrompido, sendo o acceso gratuíto para os menores de 6 anos e cun custe de 1 euro ata os 14 anos, e 3 euros para os maiores de 14 anos.

O bono de tempada individual custará 20 euros e o familiar 50 €, que inclúe aos pais e fillos menores de idade.

Etiquetas