O Concello de Vilalba cambiará de ubicación varios postos da feira por seguridade

O Concello tamén acometará no mes de outubro un cambio nos postos da feira mensual. A modificación consistirá no traslado dos postos dunha marxe da rúa Calvario á praza da Constitución.

Esta medida tómase, segundo explica o alcalde, Agustín Baamonde, porque na parte estreita da vía prodúcese unha aglomeración de postos que supón un problema de seguridade en acaso de incidencias xa que a zona podería ser converter nunha ratoneira. O que farán polo tanto será trasladar os postos dunha das marxes para a praza da Constitución.

Este cambio realizarase no mes de outubro para dar tempo a comunicar aos feriantes esta medida e ademais deixar pasar o San Ramón, en agosto, porque está ocupada a praza.

PISTA DE FÚTBOL. O Concello inaugurará a fin de semana do 7 e 8 de xullo, ao lado do parque acuático, nunha pista de cemento que había ao lado dos columpios, unha pista de 3×3 para xugar ao fútbol os cativos. Como explica Baamonde, “tivo unha aceptación tan grande que antes de acabalo xa o tíñamos cheo de cativos”.

Etiquetas