Friol mantén unha escola de verán nos meses de xullo e agosto

O Concello de Friol manterá un ano máis a Escola de Verán con actividades para os pequenos entre 3 e 12 anos, que terán lugar na Casa Benigno. Haberá diferentes talleres creativos, contacontos, festas da auga e moitas máis actividades lúdicas. O horario das mesmas será de 10:30 a 13:30 durante xullo e agosto, e haberá opción de comedor de 13:30 a 14:30.

Etiquetas