O club Olympo organiza un campus de verán no lago das Pontes

O Club Atletismo Olympo-Matojoma organiza o I Campus de Verán Lago de As Pontes co obxectivo de achegar esta práctica deportiva os nenos máis novos da vila.

O campus celebrarase os días

17,18 e 19 de xullo, no entorno do Lago de As Pontes e está dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse, antes do 13 de xullo, neste enderezo electrónico atletismoolympo@gmail.com ou no teléfono 639 70 80 86 indicando:

  • Nome, apelidos e data de nacemento do neno/a
  • Nome e nº de teléfono de contacto da persoa responsable
  • Indicacións especiais se fosen necesarias (alerxias, intolerancias…)

Etiquetas