Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Insuas do Miño crea un equipo de fútbol sala sénior

Por 9 Xullo, 2018Sin comentarios

A Asociación deportiva e cultural rabadense Insuas do Miño anunciou a creación dun equipo de fútbol sala sénior que participará na Primeira Galicia durante a vindeira tempada 2018/2019.

O club fórmano un grupo de rapaces de Rábade que xogaban noutros concellos. Aínda están na procura dun adestrador, ademais están buscando financiación con pequenas aportacións que fan os negocios do pobo.

Dende o Concello anunciaron a súa colaboración para que poidan participar nos diferentes torneos.