Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol celebrará un campamento de verán en agosto

Por 11 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol organiza uns campamentos de verán, para todos os nenos de 4 a 13 anos, do 1 ao 31 de agosto, nas instalacións do Club Fluvial que se atopan no municipio, e tamén serán no Centro Sociocultural ou Polideportivo municipal se o clima non permite as actividades ao aire libre.

Os veciños de Friol máis cativos, poderán participar en diferentes actividades lúdicas e formativas, dirixidas por monitores especializados, como xogos tradicionais, contacontos, sendeirismo, manualidades ou obradoiros de teatro, do Concello de Friol.