Skip to main content
ActualidadeGuitirizMeira

A banda municipal de Meira e o Concello organizan o programa Música na Vila

Por 12 Xullo, 2018Sin comentarios

A banda municipal de Meira e o Concello de Meira organizan o programa Música na Vila que será ao longo deste mes. O programa constará de tres concertos, o primeiro que será mañá onde Pablo Rico, Pedro Blanco, Lucía García, Julia Méndez, Julián Rozadillas, Brais Penelo e Ismael Pita collerán a batuta para interpretar La Storia, Amparito Roca e O Mercado Persa que comezarán ás 20:00 horas na Praza do Convento.

O venres 20 na Praza Maior ás 20:00 horas actuarán conxuntamente as bandas de Guitiriz e Meira, e haberá un recital dos Amigos da Música de Guitiriz.

Por último, o día 27 na área recreativa, a banda dividiranse en grupos de cámara oara tocar diferentes e coñecidas pezas. En caso de chuvia, os concertos serán na Casa da Cultura.