O Concello de Castro recomenda non consumir auga da billa ata o luns

Un exceso de metais na analítica da auga da traída de Castro de Rei provocou que durante 3 días non se poda consumir auga da traída. A recomendación de Sanidade é frear o consumo de auga durante tres días, pero desde o Concello de Castro decidiron seguir con esta medida ata o vindeiro luns por precaución ata que se normalicen os valores da auga.

O desabastecemento afectou a varios núcleos, entre eles Castro Ribeiras de Lea, o centro urbano de Castro, ao polígono industrial, Duarría, Loentia, Ribeiras de Lea, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ansemar, Viladonga, Quintela, bendia, Bazar, Outeiro e Pacios.

Houbo bastantes incidencias, sobre todo nas empresas, así que dende o concello decidiron purgar auga para poder solucionalo. Ademais dos problemas que xurdiron na hostalería, xa que tiveron que proverse de auga embotellada para poder realizar os seus traballos durante estes días.
O Alcalde publicou un bando no que se recomendaba non consumir a auga da billa ben sexa para beber ou cociñar, pero pódese usar para a hixiene persoal ou a limpeza. Este exceso de metais non afecta gravemente á saúde se non é nun consumo continuado.

Etiquetas