Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Lareira de soños puxo unha queixa ante a Valedora do Pobo Galego

Por 13 Xullo, 2018Sin comentarios

A oficina da Valedora do Pobo de Galicia admitiu a queixa da Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños, e tramitará coas distintas administracións a restauración dos Frescos dos Vilares. “A despreocupación da Deputación e do Concello, e incumplimento dos acordos parlamentares da Xunta”, levaron á Lareira a intentar outras vías, entre elas a da Valedora do Pobo antes da campaña que ten preparada tras o verán con xornadas, crowdfunding, documental, publicacións etc.

Os frescos dos Vilares, con cinco séculos de antigüidade, corren serio risco de desaparecer se non se actúa con urxencia debido ao deterioro acumulado desde o seu descubrimento en 1992.

A Lareira de soños leva xestionando coas distintas administracións a restauración, mesmo coa aportación dun proxecto é un orzamento que malia a súa aprobación na comisión cuarta do Parlamento Galego, non se teñen acordado entre as diferentes partes a dotación económica necesaria para esta necesaria execución, aínda recoñecendo Patrimonio que o proxecto e os estudos técnicos están correctos.

Esta situación levou a asociación a acudir cunha queixa á oficina do Valedor do Pobo de Galicia co ánimo de chamar a atención sobre a situación e presionar para que se tomen medidas efectivas.