Vilalba acolle un Trial Battle Show

O 4 de xullo na praza da Constitución de Vilalba, realizarase unha exhibición de Trial e Stunt de moto e bici, na que participarán Juanda de la Peña, que foi dúas veces bronce do mundo; Salva Aguado, campión da comunidade valenciana, e Narcis Roca, un dos referentes de stunt en España.

Estes destacados deportitas mostrarán as súas habilidades a partir das 18:00 horas, nun evento organizado polo Concello que pretende achegar aos amantes das dúas rodas, bici e moto, as novidades e todo o relacionado con estes dous mundos, ademais contarán coas exhibicións acrobáticas do piloto Narcis Roca.

Etiquetas