Skip to main content
Actualidade

Adxudicada a obra da avenida de Lugo das Pontes

Por 14 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello das Pontes aprobou, en xunta de goberno local, a adxudicación das obras de mellora da accesibilidade da Avenida de Lugo á U.T.E conformada polas empresas Barnacle Obras y Servicios S.L e BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas

Esta intervención, cun orzamento de 91.904,13€ e un prazo de execución de tres meses,  permitirá mellorar unha das entradas principais ó municipio e beneficiará ó conxunto dos veciños; especialmente ós residentes na contorna, xa que fará posible, entre outras cuestións, eliminar o desnivel existente nas beirarrúas, mellorar a accesibilidade ás vivenda s e impulsar a  mobilidade na zona.

Desde o goberno local recórdase que “este proxecto foi acordado, desde a súa orixe, cos veciños da zona. Antes da súa elaboración, o equipo redactor mantivo múltiples reunións ca veciñanza afectada co propósito barallar todas as opcións posibles e optar, finalmente, pola solución máis axeitada para dar unha mellor resposta ás demandas veciñais”.

As obras teñen como obxectivos prioritarios eliminar as barreiras arquitectónicas da zona, permitir e facilitar o percorrido pola rúa e manter os accesos ás vivendas polo que se procederá á eliminación das escaleiras, substituíndoas por ramplas ou zonas de estancia, e á instalación de varandas nos cambios de desnivel que servirán como medidas de protección.

O proxecto, tamén inclúe a substitución da rede actual de saneamento, a renovación de todos os pavimentos do viario, a creación de pasos peonís, a instalación de novas luminarias así como de mobiliario urbano que contribuirá a humanizar a zona, mellorar a estética e crear un maior estado de benestar á veciñanza.