As festas de San Ramón de Vilalba xa teñen pregoeira

As festas de de San Ramón de Vilalba xa teñen pregoeira. A encargada este ano será Marta Felpeto, xuíza internacional de piragüismo. A elixida polo concello comezará o seu labor no auditorio na entrega dos premios do Certame Literario, cuxo prazo de presentación remata o venres 13. A entrega de premios como é costume será o 30 de agosto.

A pregoeira, nada en Vilalaba, pero asentada en Catoira dende o 2000, é un referente no mundo do piragüismo, e a primeira muller española na historia da directiva da European Canoe Association; razón pola que o ano pasado recibiu a Insignia Olímpica do Comité Olímpico Español.

PROGRAMA. Xa están confirmadas as actuacións de Combo Dominicano e Dúo Estrellas, que tocarán o 30 de agosto, víspera do patrón; as orquestras Pontevedra e Gran Parada farano o día 31; La Ola ADN e París de Noia amenizarán o día 1 de setembro, e por último o día 2 cerrarán as patronais Xacobeo e Panorama.

Estas patronais estrenana nova comisión de festas, da que forman parte Charo Carreira e Manuel Prado, que serán os responsables este ano de elaborar o programa desta cita anual, que ten por tradición ser a última semana de agosto.

Falta aínda por confirmar quen actuará os días 25 e 26 de agosto coincidindo coa Xira. “Gustaríanos organizar mais cousas, pero según vaian avanzando os días e teñamos mais cartos, iranse sumando actos o programa” din os membros da comisión.  Con este pequeno adianto, as festas comezan a conformar un programa que é un dos máis esperados do ano.

Etiquetas