As Pontes abre o venres as súas festas cun pregón adicado aos músicos

As Pontes abrirá, o venres, 20 de xullo, ás 20:30 horas, no Parque Municipal, as súas festas patronais coa lectura do pregón.

Este ano correrá a cargo de músicos, colectivos musicais e impulsores que co seu traballo contribuíron ó recoñecemento e á difusión da música e que fixeron posible que, na actualidade, ocupe un lugar destacado na historia cultural da vila.

Deste xeito, o Concello, quere recoñecer a súa labor, a importancia da música na vila e facer unha sentida homenaxe ás formacións musicais pioneiras que sentaron a bases para o nacemento de novas agrupacións e novos intérpretes,  que converten a As Pontes en berce de grandes músicos.

Estefanía Beceiro, neta de músico, antiga alumna do Conservatorio Municipal de As Pontes  e, actualmente, membro da Orquesta Sinfónica de Bilbao, será a encargada de representar a todos aqueles músicos que formaron parte de agrupacións históricas, das décadas do 40 ó 60, como a Orquesta Mallorca, a Orquesta River ou a Orquesta Hispania e aquelas persoas que, co seu traballo e dedicación, plantaron a semente da música en As Pontes.

Este acto tamén contará cunha representacións de tres agrupacións musicais consolidadas do pobo, todas elas en activo, como son a Coral Endesa As Pontes, a Rondalla Vila de As Pontes e a Banda de Música de As Pontes.

O acto rematará coa actuación do grupo local Arrivederci, en representación das novas xeracións de músicos ponteses.

Espectáculo nocturno multimedia

Tras a lectura do pregón, ás 23:00 horas, veciños e visitantes, poderán contemplar, sobre a fachada do edificio consistorial, o espectáculo multimedia nocturno  “Contigo avó”

A través da  mestura de son, luces, música e pirotecnia, invitará á veciñanza a realizar unha viaxe polo pasado, polos seus recordos e por aquelas primeiras festas ás que asistían collidos das mans dos seus avós.

Etiquetas