Ciclo de concertos de música en Guitiriz

Ao amparo do programa Sons na Rúa, os membros da Escola Municipal de Música de Guitiriz ofrecerán unha serie de concertos ao aire libre por distintas rúas da localidade. Así, o primeiro deles está previsto para o xoves 19 de  xullo, ás 20: 30 horas, no Parque do Cuartel.

O seguinte será o tamén xoves 26 de xullo, á mesma hora, na Praza do Campo da Feira. O último deles será o 1 de agosto, tamén ás 20:30 horas, na rúa do Mercado.

Etiquetas