As Pontes aproba en Pleno unha adecuación urbanística

O Concello de As Pontes aprobou, por unanimidade, durante a sesión plenaria extraordinaria urxente celebrada esta mañá, o proxecto de modificación das normas subsidiarias da parcela comprendida entre os números 129 e 137 na Avenida da Habana para adecuar a normativa urbanística á realidade existente.

O proxecto, que conta cos informes favorables da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a xefatura provincial de Inspección de Telecomunicacións, a delegación do goberno en Galicia, da dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a dirección Xeral do Patrimonio cultural así como do Instituto de Estudos do Territorio, será remitido,  nas próximas semanas, á Consellería de Urbanismo para a súa aprobación definitiva.

Durante a sesión plenaria, o Concello de As Pontes, cos votos a favor do grupo de goberno, tamén aprobou a concesión dunha subvención nominativa ó CD As Pontes de 200.000 euros para financiar as actividades da entidade deportiva durante o ano 2018.

Etiquetas