Grupos de catro países participan en Vilalba no Festival Internacional de Folclore

Grupos de música e baile tradicional de catro países visitarán Vilalba o 22 de xullo con motivo do Festival Internacional de Folclore que organiza o concello, que ademais contará tamén coa participación de grupos de música tradicional do municipio.

O Festival reunirá a grupos de música e baile tradicional de catro países diferentes e contará tamén coa participación de grupos de música folclórica do municipio. A cita conta coa participación do Grupo de Danzas Magisterio de Albacete, unha asociación que ten como obxectivo recompilar e difundir todo o relacionado coa música, baile, vestiario, usos e costumes da provincia de Albacete dentro do entorno de folclore nacional; do Grupo de Danzas Bakalama de Senegal que mostrará ao público costumes e a cultura Thionck-Essy; do  Conxunto coreográfico Ecos de la Montaña de Daguestán, son rapaces novos que basean o seu repertorio no lezginka, que encarna o espírito marcial patriótico dos pobos da montaña. Farán soar tambores, zurnas e frautas. Interpretando danzas dos pobos de Daguestán e da República do norte do Cáucaso; da Compañía artística Crea Danza de Colombia que centrará a súa actuación na danza autóctona de Colombia. Unha compañía nacida en 2003 e que traballa para manter tradicións, ofrecen ao público unha fusión entre o antigo e os bailes contemporáneos. A Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco, a Asociación Cultural de Andrade e a Escola de Movemento son grupos de baile de folclore galego que deleitarán aos veciños coas costumes e cultura galega.

As 19:30 horas os grupos participarán nun desfile con saída na Praza da Constitución que pasará polas Rúas Basanta Silva e rúa de Pravia cunha comitiva de arredor de 300 persoas. Ás 20:00 horas comezará o festival na Praza da Constitución, e en caso de que o tempo non acompañe, as actividades trasladaranse ao Auditorio Municipal Carmen Estévez.

Esta cita, está organizada polo Concello de Vilalba e conta cunha achega provincial de 8.000 euros para a celebración da mesma, o que a converte á Deputación na principal administración patrocinadora pois o municipio achega 4.800 euros.

Etiquetas