Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba celebrará o 21 a Festa do Rural Máis Vivo

Por 20 Xullo, 2018Sin comentarios

A festa de clausura dos talleres do Rural Máis Vivo no Concello de Vilalba, será o día 21 de xullo desde ás 11:30 da mañá na explanada da piscina municipal da Área Recreativa da Madalena.

Haberá exhibición de talleres, entrega de diplomas, actuación musical e un menú servido polos irmáns Debasa, o cal terá un prezo de 16,50 euros, agás nenos ata 10 anos, que será de 10 euros.

Esta festa está organizada para os participantes do programa de dinamización rural O Rural Mais Vivo, que se levou a cabo en 11 parroquias de Vilalba ás que levaron actividades como (ximnasia, obradoiros de memoria, Bbaile, etc…). Con estas actividades pretendíase que as zonas rurais podan diesfrutar dos mesmos servizos e actividades que os núcleos urbanos.

Para inscribirse, haberá que poñerse en contacto cos presidentes das parroquias participantes. Ou a través do 620 21 81 27.