A biblioteca de Pol estará na piscina catro días este verán

A Biblioteca de Pol trasladarase catro días do cerán á piscina pública para fomentar a lectura entre os veciños.

Así, os días 24 e 31 de xullo e 7 e 14 de agosto, os usuarios da piscina poderán consultar e ler algúns de exemplares da biblioteca. Os socios ademais poderán levarse en préstamos ao igual que na propia biblioteca.

O horario desta biblioteca itinerante será de 16.30 a 18.00 horas.

Etiquetas