Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Festas en Milleiros e Silva, Pol

Por 24 Xullo, 2018Sin comentarios

A parroquia de Milleiros, en Pol, celebra hoxe e mañá as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol. As festas darán comezo cunha churrascada gratis, que terá lugar o martes 24 ás 22.30 horas seguida da festa verbena a cargo do trío Maracuyá e do dúo Muralla.

O mércores 25 haberá misa solemne ás 13.30 horas cantada polo Coro de Meira. Tras a procesión, a sesión vermú estará a cargo de Javi.

Tamén na parroquia de Silva celebra hoxe e mañá as festas patornais. Comezan con misa solemne ás 13.30 horas e sesión matinal coa orquestra Compsotela, que tamén se ocupará da verbena xunto co Cogrupo Beatriz.

O mércores tamén haberá misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo do Grupo Fama, que tamén fará o seu espectáculo en sesión verbena.