A parroquia de Miraz, en Friol, celebra as súas festas

A parroquia de Miraz, en Friol, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.

O programa das festas desenvolverase o sábado, con misa solemne, ás 13.00 horas, e sesión vermú coa orquestra Galilea. Pola noite, esta mesma agrupación será a encargada de amenizar a verbena, na que estará acompañada polo Dúo Areal.

O domingo, repetirase o programa relixioso pero será a orquestra La Ola ADN a encargada da sesión vermú e da verbena.

Etiquetas