Friol pechará o verán coa festa da Xuventude

O Concello de Friol pechará as actividades do verán cunha nova edición da Festa da Xuventude, unha cita que todos os anos leva moita xente  a esta localidade.

A festa terá lugar o 31 de agosto, día no que tamén se clausura a piscina. A festa dará comezo ás 21.00 horas cunha currascada e pancetada gratuíta que terá lugar no parque Rosalía de Castro. Ademais da comida, os asistentes poderán obter unha ración de pan e bebida para dar comezo a esta festa.

Á medianoite dará comezo a verbena, que estará a cargo da orquestra Miramar e do Grupo América de Vigo e terá lugar na praza Andón Cebreiro.

O alcalde da localidade, José Ángel Santos, indicou a importancia “de ofrecer á mocidade alternativas de ocio”, razón pola que se fai esta festa “que todos os anos congrega moita xente moza na vila”.

Etiquetas