AGACA realiza unhas xornadas sobre fomento do cooperativismo na Pastoriza

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza na Pastoriza, Chantada e Sarria tres xornadas divulgativas co título O modelo cooperativo como ferramenta para fixar poboación no rural, coas que se pretende apostar por este modelo para fixar riqueza no rural. A sesión na Pastoriza terá lugar o 31 de xullo na cooperativa O Xeixo, en O Carrizal, A Rigueira. O horario da sesión será de 9:00 a 14:00 h.

Nesta xornada, os expertos explicarán aos presentes como activar posibles recursos dispoñibles nas cooperativas. Explotación de recursos nos que se require investimento, man de obra, organización e planificación. Son recursos que están sen aproveitar, e para os que a fórmula cooperativa pode ser moi axeitada para facer investimentos e xerar actividade.

Tamén se dará unha visión das cooperativas galegas como garantes de riqueza social e medioambiental e se explicará a potencialidade do Cooperativismo: idea básica do concepto de cooperativa, implicacións para os produtores, vantaxes e inconvenientes. O último punto serán as oportunidades de negocio para crear empresas no rural con casos de éxitos cooperativos.

O interesados en participar aínda teñen prazas dispoñibles. Para máis información poden poñerse en contacto co 674 214758. María Rey.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social

Etiquetas