Deteñen en Rábade a cinco persoas vinculadas a un roubo no polígono

A Garda Civil imputa en calidade de investigados no término municipal de Rabade a cinco veciños de Lugo, con idades comprendidas entre os 20 e 35 anos de idade, como supostos autores dun delito de hurto.

Nun control preventivo axentes da Garda Civil identificaron aos ocupantes dunha furgoneta e tras inspeccionar a carga comprobaron que portaban 400 kilogramos de aceiro inoxidable e 47 caixas de produtos conxelados (zamburiñas, mejillones, merluza e calamares), non podendo acreditar a súa procedencia.

Tras unha investigación policial para esclarecer a procedencia e titularidade desta mercancía, constataron que os produtos pertencían a unha empresa situada no polígono industrial de Rábade.

As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Etiquetas