Castro Ribeiras de Lea prepárase para as súas festas

A localidade de Castro Ribeiras de Lea vivirá de novo as súas festas na honra a San Roque e Doce Nome de María a primeira fin de semana de agosto.

O programa festivo dará comezo o día 3 coa verbena, que estará a cargo da orquestra Ibiza e do trío D’Nika. O sábado a actividade comezará pola maña coa misa maior ao mediodía seguida da sesión vermú a cargo novamente de Ibiza.

Pola noite terá lugar a verbena, na que estarán as orquestras Gran Parada e Los Satélites.

O domingo tamén haberá tempo para os oficios relixiosos, antes de que a música cobre novo protagonismo coa actuación de Breixa Band, a mesma orquestra que estará pola noite na vebena xunto a Tekila.

O domingo tamén será o día dedicado aos nenos con xogos e hinchables a partir das 18.000 horas. Non faltará a popular festa da escuma e tamén a actuación do mago Óscar Bello.

O programa rematará o luns coa sesión vermú a cargo de La Ocaband, a mesma orquestra que estará pola noite xunto á esperada participación de El Combo Dominicano.

As festas, que teñen o seu orixe relixioso son dunha gran tradición na Terra Chá congregando todos os anos miles de visitantes. A comisión ten un orzamento estimado de 86.000 euros para esta celebración, logrado grazas á aportación de negocios e veciños e á colaboración do Concello.

O programa complementarase con charangas para facer os pasarrúas, como a do domingo, que estará a cargo da Charanga de Vilalba.

Etiquetas