O Curro Vello de Guitiriz celebra o venres 3 de agosto a Festa do Mexillón

A Asociación de Veciños do Curro Vello, en Guitiriz, celebrará un ano máis a súa festa do mexillón, a VII, o venres 3 de agosto. A festa arrincará ás 20.30 horas na praza do Ecce Homo cunha cea popular na que os mexillóns serán o prazo estrela, aínda que tamén haberá lacón asado, pan, queixo, torta de millo, viño e cervexa.

Para animar a festa haberá Cantos de traberna e música.

Etiquetas