Skip to main content
A PastorizaActualidade

Saldanxe, na Pastoriza, está en festas

Por 1 Agosto, 2018Agosto 2nd, 2018Sin comentarios

A parroquia de Saldanxe, na Pastoriza, celebrará esta fin de semana as súas festas patornais na honra de San Miguel e San Isidro.

A celebracións deron comezo o sábado 28 coa comida veciñal amenizada polo Dúo Muralla, que tivo lugar o sábado 28 de xullo.

Esta fin de semana as celebracións darán comezo coa misa solemne e a procesión, que terán lugar ás 14.00 horas, seguido da sesión vermú co grupo Alba. Estes serán tamén os encargados da verbena, na que tamén actuará o dúo Estrellas.

Finalmente, o domingo tamén haberá misa solemne ás 14.00 horas con procesisión e sesión vemú co Trío Maracuyá.