Imparten un curso de manipulador de alimentos en Castro de Rei

O Concello de Castro de Rei organizou un curso de manipulador de alimentos co que as persoas que o desexen poderán obter o título oficial. Este curso terá lugar o 7 de setembro, de 16.30 a 19.30 horas no salón de actos do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea.

O curso estará impartido por profesionais autorizados e rexistrado pola Xunta de Galicia.

Os interesados deberán anotarse de luns a venres no teléfono 982 818 935.

Etiquetas