O Concello de Riotorto celebra a Festa Celta con colaboración

Dende o Concello de Riotorto solicitan colaboración para a Festa Celta que se está a organizar para o vindeiro 3 de agosto no lugar da Croa.

Preténdese facer a festa cos recursos municipais, pero este ano piden colaboración veciñal para a súa realización. Esta colaboración consiste en persoas dispostas a facer empanadas caseiras e bolos preñados nos seus domicilios; e persoas que axuden nos stands de venta de tíckets, bebidas, camisetas e demais.

Todos os interesados en prestar axuda deberán comunicalo o concello antes do días 15 de xullo. Poderán facelo igualmente por Whatsapp no teléfono 680 461 131 (Marta).

Posteriormente coa xente que colabore na organización da festa, organizarán unha reunión informatica para aclarar diversos temas.

Esta celebración terá lugar a partir das 22.00 horas co xantar e, ás 23 horas, serán as actuacións previstas, a cargo de Faíscas da Pontraga, Gaiteiros de Riotorto, Grupo Zamburiel e Alegua Dereita.

Etiquetas