Tragsa repara o cauce do Río Torto

A confederación Hidrográfico do Cantábrico está a realizar estes días en Riotorto as obras de limpeza e construcción dunha escollera no cauce do Río Torto entre a pista de pádel e a depuradora. Estas obras, que teñen unha duración aproximada de quince días, están a cargo de Tragsa para recuperar a zona que se levou unha riada no inverno.

Por outra banda, tamén se están a realizar obras en viais que afectan a catro parroquias do Concello, Ferrería, Navallo, Soutelo e Lorigados. As obras consisten en botar aglomerado en quente na vía que une Ferrería e Navallo e na de Soutelo a Lorigados. Estas obras dúas teñen un orzamento de 47.000 cada unha.

Etiquetas