O Concello das Pontes asina os convenios de colaboración con SEARA E COHEMPO

A tenente de alcalde do Concello de As Pontes, Montserrat García, asinou os convenios de colaboración co presidente de COHEMPO, José Rodriguez, e o presidente de Seara, José Castro Romero.

A través destes convenios o goberno local quere amosar o seu compromiso co tecido empresarial do municipio, promovendo e apoiando as actividades levadas a cabo polas  das dúas entidades a prol da economía local e a dinamización e unión empresarial, tanto a través do fomento da cultura emprendedora como impulsando o comercio de proximidade, a hostalaría e sector servizos no seu conxunto.

A asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO), ó abeiro deste acordo, recibirá unha achega de 20.000 euros destinada a financiar campañas publicitarias e de márketing para fomentar a compra no pequeno comercio local, desenvolver accións formativas así como para sufragar outros gastos derivados da súa propia actividade.

No caso da Asociación de Empresarios SEARA, o Concello de As Pontes, achegará  25.000 euros para cubrir os gastos derivados das actividades de asesoramento e consolidación de emprendedores así como os relacionados coa redacción da segunda parte do plan de emerxencias dos Airíos e a elaboración dun novo plan de desenvolvemento dos polígonos industriais de As Pontes.

Etiquetas