Outeiro de Rei inicia o mes de agosto coa Romaxe de Pena de Rodas

O primeiro domingo de agosto terá lugar no espazo natural de Pena de Rodas a celebración da XXXVIII edición da Romaxe de Pena de Rodas, organizada pola Asociación Cultural do mesmo nome que ten lugar en Gaioso.

O programa festivo iniciarase ás 12.00 horas coa actuación da Escola de Gaitas re Percisión de Penas de Rodas e do Grupo de baile infantil do concello de Outeiro de Rei. A esa mesma hora terá lugar unha demostración de artesanía. Ás 13.15 horas terá lugar a lectura do pregón inaugural, que estará a cargo de Francisca López, da Asociación Bosque Sagrado de Lugo, para dar paso á misa campestre.

Pola tarde será tempo de música con diferentes actuacións, que abrirá a maxia de Óscar Bello. A continuación actuación o grupo de gaitas Xesta Verde, o grupo humorístico Trípode e a asociación da Escola de Gaitas de Penas de Rodas.

A festa rematará cunha queimada para todos os socios e simpatizantes desta actividades. Para todos os asitentes, haberá venda de pan, empanadas, polbo e servizo de bar.

Etiquetas