Reabre o pavillón municipal tras as obras de reparación de xullo

O pavillón municipal de Vilalba abriu as súas portas de novo o 1 de agosto  tras as obras de reparación realizadas durante o mes de xullo.

O Goberno municipal aproveitou o tempo de descanso nas competicións deportivas para rematar as distintas reparacións que se estiveron facendo durante todo o ano.

A parte máis importante das reparacións consistiron no cambio da cuberta da bancada da tribuna, que tiña goteiras. Tamén se procedeu ao cambio de toda a iluminación do centro e da caldeira. Este último cambio foi necesario porque se ampliaron as zonas calefactadas engadindo estancias como o ximnasio, que ata de agora non contaban con calefacción.

Finalmente, tamén se procedou ao repintado das liñas do campo, que xa perderan visibilidade nas últimas datas.

Etiquetas