Skip to main content
ActualidadeMeiraRiotorto

Meira acolle as segundas xornadas Terra de Miranda

Por 5 Setembro, 2018Sin comentarios

A Casa da Cultura de Meira acollerá os días 7 e 8 de setembro a segunda edición da II Xornada da Terra de Miranda, encontros de debate sobre o medio rural oraganizados pola Nova Escola Galega.

A convocatoria dos Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Entre os obxectivos desta actividades está:

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas…- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.

As xornadas desenvolveranse o día 7 a partir das 16.30 horas e o sábado en horario de mañá e tarde. Na primeira xornada desenvolveranse dúas mesas redondas co título Panel de experiencias de educación en contornas rurais e Un futuro posible no rural: As Empresas.

Tras unha nova mesa redonda sobre educación, terá lugar o acto oficial de benvida coa presenza dos alcaldes da contorna. Continuarán antes do xantar con dous relatorios, sobre la delimitación xeográfica e histórica da Terra de Miranda e sobre Por que quedar no nural.

Á tarde terá lugar a presentación da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural e dos seus úlitmos números da Revista Galega de Educación. Tras unha nova mesa redonda sobre o asociacionismo, farase unha visita á igrexa da Órrea e un roteiro polos regos e as fontes.

A sesión finalizará coa proxección dun documental sobre Dhogs e a propia película.

Consulta neste enlace o programa definitivo