Skip to main content
ActualidadeXermade

Momán comeza as festas cunha degustación de liscos e chourizos

Por 16 Agosto, 2018Sin comentarios

Momán festexará a San Mamede e San Bartolomé nas súas festas patronais, que se desenvolverán entre o 17 e o 19 de agosto.

O programa arrincará o venres cunha degustación gratuíta de liscos e chourizos “ata fartar” como di a asociación, todo elo amenizado polo Dúo Venus.

O sábado contará con pasarrúas a cargo da Charanga CDV Band, que dará paso ás 13.30 á misa, que estará cantada polo Coro Uned Sénior de Momán. Como non podería ser outro xeito, haberá sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Tribal, o mesmo grupo que se ocupará da verbena xunto con Charleston Big Band.

Durante a tarde do sábado haberá tamén competicións deportivas e unha gran sesión de pirotecnia.

O domingo, a misa, ás 13.30, volverá contar co Coro Uned Sénior de Momán, á que seguirá a sesión vermú coa música de Abanico, orquestra que tamén se ocupará da verbena de peche das festas.