Skip to main content
ActualidadeCospeito

O Concello de Cospeito organiza un cuadrangular de fútbol para o 18 de agosto

Por 17 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Cospeito organizará un ano máis unha nova edición do Torneo de fútbol do mesmo nome, a XII, que terá lugar o 18 de agosto no campo de fútbol da Fonte e no que participarán os dous equipos locais, o Cospeito, que milita na Segunda Autonómica, e o Muimnenta, de Terceira; fronte a outros dous invitados, ambos os dous de Terceira Autonómica e de Vilalba, o Catro Roldas e o Rioaveso.

O Torneo desenvolverase a partir das 11.00 horas co partido entre o Muimenta e o Catro Roldas, para, ás 13.00 horas, continuar co Cospeito-Rioaveso.

Ás cinco da tarde xogarán os perdedores dos dous encontros polo terceiro e o cuarto puesto, mentres que a final, na que se enfrontarán os gañadores da mañá, será ás 19.00 horas.