Unha web recollerá as vivencias da Academia Santa María de Vilalba

Os antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba están a traballar na confección dunha web que recolla anacos da historia desta academia, que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.

Por décimo ano consecutivo, exacadémicos desta institución vilalbesa se xuntan nunha comida, preténdese que a web se poña en funcionamento con motivo desta celebración, que terá lugar o próximo 29 de agosto, no Restaurante Montero de Vilalba.

A web, que recibirá aportacións de todos os que queiran aportar lembranzas ou testemuñas, irá conformándose e medrando segundo vaia recibindo achegas de todos os que conserven papeis e recordos da antiga Academia.

As aportacións ou suxestión poden facerse chegar ao correo electrónico xulio@galiciadigital.com.

Etiquetas