Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Deron comezo os campamentos de Friol

Por 8 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol continúa organizando os campamentos estivais, este ano con incremento de prazas e ampliación da idade para os participantes.

O mércores 1 de agosto deron comezo estes campamentos de verán en Friol que terán a duración dun mes, o de agosto, organizados como cada ano co fin de ofrecer á súa poboación máis pequena tardes divertidas e cheas de aprendizaxe.

Os nenos e nenas pasan as tardes de verán no club fluvial remodelado recientemente con fondos propios do Concello. Así conxugan actividades de 16.00 a 20.00 horas da tarde, nas piscinas con outras no campo, cada ano o campamento varía as súas temáticas. Consciente da importancia destes campamentos, o alcalde, José A. Santos, afirma que “Este ano aumentamos as prazas dos campamentos debido á gran demanda que temos cada ano, e ampliamos a idade para que poidan entrar desde os 4 ano. Malia o esforzo económico que supón para un Concello como o noso é realmente gratificante poder satisfacer as necesidades e as demandas do maior número de familias posible”.

Ademais, para completar estas tardes de verán, o xoves 9 de agosto ás 18:30 horas haberá unha actuación no club fluvial coa compañía de teatro Fran Rei que representará o espectáculo A historia de Brancaflor aberto a todos os públicos e sufragado con fondos propios do Concello de Friol pois como o regidor manifesta “desde ou noso Equipo de Goberno queremos chegar a cada un dos nosos veciños, desde os máis pequenos a máis maiores”.  Así mesmo, reitera a súa intención de seguir organizando eventos de tipo cultural para os friolenses e que á vez atraian visitantes que invistan no municipio.