Muras organiza un curso de apicultura

O Concello de Muras en colaboración coa Casa do Mel de Goente, organiza un curso de apicultura co título Iniciación a apicultura, de 20 horas de duración teórico-practicas.

Durante o curso trataranse diferentes temas como os individuos da colmea, a figura do apicultroa, tipos de colmeas, a instalación do apiario e a reprodución, a saúde das abellas e os seus produtos así como un manual de boas prácticas.

O curso terá lugar os días 21, 22, 23 e 24 de agosto en Muras, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Para as persoas empadroadas en Muras e Socios da Casa do Mel o curso será gratuíto, para o resto de interesados terá un custe de 40 euros.

Para participar no curso é necesaria a inscrición previa chamando aos teléfonos 661 003 616 (Casa do Mel) e 982 500 001 (Concello de Muras).

Etiquetas