Os Cantos de Taberna abren a programación festiva de agosto en Meira

O sábado 11 de agosto, ás 20 horas, terá lugar a celebración dos Cantos de Taberna polos bares da localidade, unha actividade que serve de prólogo ás festas da localidade, que se celebrarán do 14 ao 17 de agosto.

Nesta popular celebración colaborarán Xeira Bar, Parrillada O Pozo, Bar Catalán, Bar Centro, Café Bar la Flor, Tapería O’Anguiñano, Cafetería Cazoleiro, Bar Chispas, Café Bar O Recuncho dos Soños, Restaurante O Muíño, Pub Tibor e Mesón Pereira.

Esta actividade está organizada pola comisión das Festas que servirá tamén como actividade de clausura á I edición da Carreira Popular de Meira, que se celebrará esa mesma tarde, a partir das 18.00 horas.

Etiquetas