Skip to main content
ActualidadeBegonte

A Deputación acometerá traballos en estradas de Outeiro de Rei e Begonte

Por 13 Agosto, 2018Sin comentarios

A vicevoceira da Deputación, Pilar García Porto, informou sobre aprobación de traballos de mellora de máis de 9 quilómetros en 4 estradas provinciais nos concellos de Outeiro de Rei e Begonte cun investimento de 422.000 euros. “Estes traballos de mellora consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, renovación da sinalización horizontal e vertical e, polo tanto un incremento da seguridade vial nestas estradas”, sinalou García Porto.

As melloras en Outeiro de Rei, que conta cunha achega dos fondos provincias de 303.000 euros, son 1,9 quilómetros da LU-P-1109, que vai de Dumpon, por Cornide a Arcos, entre os puntos quilométricos 1,7 e 3,7, trátase dunha vial moi frecuentado xa que se utiliza como percorrido corto entre Castro e Outeiro de Rei. Na LU-P-3907, que vai de Arcos a Ceao por Vilar, arranxaranse dende o punto 3,1 ata o 4,07; e na LU-P-3908, dende o punto 3,4 de Ramil, por Martul ata o punto da LU-P-2905, entre os puntos quilométricos 3,1 e 4,07.

E no Concello de Begonte, con 118.600 euros, melloraranse 2,8 quilómetros da estrada LU-P-0801, que vai dende a N-IV en Begonte, a Veigas de Baltar, do punto quilométrico 0 ao 2,8. Con estas obras de mellora benefícianse ata preto de 1.000 veciños da vila que empregan a cotío estas vía de comunicación, xa que transcorre polos núcleos de Amil e Altive ata chegar ao núcleo de Begonte.

Logo da aprobación na Xunta de Goberno do inicio dos traballos, nas vindeiras semanas, abrirase o prazo para que as empresas interesadas poidan participar no proceso de contratación.