Skip to main content
ActualidadeVilalba

O 1 de setembro entra en funcionamento o novo carné de socio do Vilalbés

Por 13 Agosto, 2018Sin comentarios

O Club de Fútbol Rácing Vilalbés indicou nun comunicado aos socios que o carné actual será válido ata o 31 de agosto, xa que corresponde á temapada que finaliza precisamente nesa data. Polo tanto, a partir do 1 de setembro é obrigatorio o uso do novo carné para acceder ao estadio.

Os socios poderán recoller o seu novo documento os días de partido no propio estadio da Magdalena ou durante o mes de agosto nas oficinas do Estadio Roca en horario de xornada laboral de 15.30 a 19.30 horas.

Finalmente, os carnés domiciliados que non se recollan se enviarán ao domicilio unha vez rematado o prazo de devolución.