Voltereta Team gaña o torneo de fútbol burbulla de Baamonde

Nun caluroso sábado 12 de agosto na Praia Fluvial CERCUD de Baamonde celebrouse a terceira edición do torneo 3×3 de Fútbol Burbulla onde participaron oito equipos -dous deles mixtos- de Baamonde, A Pastoriza, Rábade, Outeiro de Rei, Begonte, Viveiro, Ferrol e Pontevedra.

Voltereta Team, formado por xogadores de Rábade, Outeiro de Rei e A Pastoriza logrou o campionato logo de impoñerse na tanda de penaltis a Frenahaybaçhe -equipo mixto-.

Os tres primeiros clasificados recibiron cadanseu trofeo e vales agasallo dunha tenda deportiva.  Os demais participantes tamén recibían medallas: DAM 3XL, terceiros; Mouchiños, cuartos; Raio Pataqueiro, quintos; Ribeiras, sextos; Os Chunguitos, sétimos; e Shalke Temeto, oitavos.

Etiquetas