Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira comeza as súas festas patronais

Por 14 Agosto, 2018Sin comentarios

Meira celebrará as súas festas patronais na honra a Nosa Señora e San Roque entre o 14 e o 17 de agosto, novamente cun elaborado e completo programa que se complementará con outras actividades previas e posteriores entre as que figura a popular Festa da Malla, merendas, unha xira campestre, cantos de taberta e unha carreira popular.

Tras comezar o día 11 coa carreira popular e os cantares de taberna como anticipo das festas, a programación oficial dará comezo o martes 14, ás 20.30 horas, cunha batukada e a presencia dos cabezudos. O concerto da Banda Municipal de Meira na praza Maior servirá de previoa sesión de verbena, que estará a cargo de Gran Parada e Noite de Estrelas.

O mércores 15 comezarán a xornada cos tradicionais pasarrúas cos cabezudos e coa charanga Os Tutuiños de Meira, antes do oficio relixioso, que terá lugar ás 13.00 horas. A misa estará cantada polo Coro Parroquial de Meira e a procesión contará co acompañamento da Banda Municipal. Non faltará a sesión vermú, amenizada pola orquestra Brujas.

Pola tarde, a partir das 17.30, darán comezo os xogos popualres Gamesport, que se desenvolverán no praza maior para todos os públicos.

As orquestras Armonía Show e Brujas estarán animando a verbena, que contará co seu espectáculo de fogos de artificio.

O xoves 16 de agosto, día de San Roque, a procesión acompañada polo Grupo de Gaitas de Meira, será o primeiro acto do día, ás 12.30 horas, seguida da misa solemne na capela de San Roque e retorno da imaxe á igrexa de Santa María. A sesión vermú estará a cargo da Orquestar Aramio.

Pola tarde Meira contará cun amplo programa de xogos tradicionais organziadas por Xotramu e Eme de Meira que levan o nome xenérico de Olimpiadas Rurais e que terán lugar na praza Maior e que buscan dar continuidade a unha actividade que ten unha gran relevancia nas festas.

A orquestra Aramio será a encargada da última das verbenas, para deixar o peche das festas, a partir das 0.30 horas a Edgar Bao, o mozo lugués que fixo un grandísimo papel no programa televisivo La Voz Kids.

O venres, as festas contarán cunha nova actividade que se engloba dentro do programa e que consistirá nunha xira campestre no POrto da Pena. Esta actividade, á que están invitados todos aqueles que o desexen contará coa actuación novamente da charanga Os Tituiños de Meira, o grupo Fénix e o dúo Charada. Para maior delicia dos pequenos haberá Festa da Escuma.