Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira aposta por un auditorio, un albergue e unha área de autocaravanas

Por 20 Agosto, 2018Sin comentarios

O alcalde de Meira, Antonio De Dios, anunciou a súa intención de dotar ao concello cun pequeno auditorio destinado a Escola de Música. Este é un dos proxectos cos que conta para o próximo ano, que se sumará á contrucción dun albergue e unha área de caravanas fronte á residencia.

Outro dos proxectos que o concello quere poñer en marcha é a ampliación da estrada de Paraxes a Meira, da que 800 metros pasan polo casco urbano e que teñen o compromiso da Administración para a súa realización.

Outro dos proxectos que quere levar para adiante o alcalde é a construcción da residencia, que terá 30 habitacións dobres e 20 prazas para centro de día e que conta con abrir a finais do 2019.

Por outra banda, indicou a necesidade de acometer as obras de reparación do Centro de Saúde. Entre os traballos que hai que realizar figura a xestión, limpeza e mantemento, reparar o electro e modernizar as instalacións tanto por fóra como por dentro, obras que lle correponden á Xunta de Galicia.

Por outra banda, o alcalde lembrou tamén que nos últimos tempos realizáronse un gran número de obras, como a praza Maior, ou a urbanización da zona dos chalets de Vega. No capítulo de aglomerado en quente fíxose esta actuación no polígono industrial, no campo do Estreito, no campo da festa de Vilar de Muros, nas rúas Julio Cachafeiro, Federico González ou o barrio de Casa Nova.

Tamén se actuou no cemiterio parroquial e no municipal. No primeiro caso fíxose o aglomerado e remodelouse o espazo dos veterinarios para acoller a sede de Protección Civil, cimentouse un garaxe, axardinouse e meteuse iluminación led. No municipal as actuacións foron no acceso, no pintado e no enrexado.

O teito da Casa da Cultura, os canalóns das naves industriais, a instalación de luces led no casco urbano, a servizo de augas en Seixosmil e a adecuación da explanada do nacemento do Miño figuran entre as últimas obras.