O programa Cultura no Camiño recunca en Abadín

Dentro da programación Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, en Abadín, o día 24 ás 22:00 horas, na explanada de Gontán, haberá un espectáculo musical a cargo de Caribe Son; e o día 28, a partir das 18:00 horas, o Mago Antón amosará o seu espectáculo Onde está o mago Antón?.

Esta iniciativa cultural conta coa implicación de 103 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da produción escénica e musical e facer unhas xornadas para os peregrinos e para todos os que visitan as parroquias nestas datas.

PRIMEIROS AUXILIOS

O Concello de Abadín quere que os seus veciños estean preparados no caso de producirse unha emerxencia sanitaria e por iso fomenta cursos formativos e gratuítos sobre primeiros auxilios. Preto dunha trintena de persoas asistiron á primeira xornada, celebrada en Moncelos. Así que preparan outras dúas máis para despois do verán, aínda que as datas e as parroquias ás que acudirán están aínda sen confirmar.

 

Etiquetas