O CB Terra Chá organiza un campus de baloncesto en setembro

O CB Terra Chá de Vilalba organizará entre os días 3 e 7 e setembro o seu primeiro campus mixto de baloncesto e multideporte, dirixido a menores de entre 6 e 17 anos. Este campus celebrarase nas instalacións deportivas do Ceip Mato Vizoso e do Concello entre as 10.00 e as 13.30 horas de luns a venres.

O obxectivo desta cita é que os nenos aprendan baloncesto e se animen o ano próximo a participar na escola municipal. De todos os xeitos, os participantes tamén recibirán contarán con sesións de xogos tradicionais, tenis e outras actividades diversas.

Os interesados en participar neste campus poden anotarse no 672 010 766 ou no correo luzencumactividades@hotmail.com.

O custe da actividade é de 60 euros.

Etiquetas