O Concello de Castro acomete as obras no último tramo da estrada de Prevesos

O Concello de Castro de Rei deu inicio estes días ás obras de rexenerado do pavimento no úlitmo tramo da vía da parroquia de Prevesos, obras que se acometen con cargo aos fondos do Plan de Camiños da Xunta de Galicia. As obras, que teñen un orzamento de 75.000 euros, teñen por obxecto rematar extender unha capa de aglomerado en quente neste estrada, unha das máis longas do concello, que ten unha extensión de sete quilómetros e que se fixo en varias anualidades.

Dentro desta obra tamén figura o adecementameento da vía municipal que une a parroquia de Prevesos coa parroquia de Pousada no Concello veciño da Pastoriza. As obras está previsto que rematen en dúas semanas.

Etiquetas