Skip to main content
ActualidadeVilalba

Selado en Vilalba unha bonoloto gañadora

Por 8 Setembro, 2018Sin comentarios

A sorte non quere deixar Vilalba. De feito, a localidade volveu dar un novo premio. Nesta ocasión a libraría Pergamino, situada en Campo da Ponte e rexentada por José Pernas Yáñez, seleu o pasado luns un boleto de bonoloto que levaba os cinco número e o complementario no sorteo dese mesmo día.

Segundo informan os responables do lugar o boleto foi selado de forma automática cunha aposta de dous euros. O posuidor deste boleto premiado recibirá 60.336, 37 euros.

E de cara xa a este Nadal, Vilalba segue a vender unha gran cantidade de lotería para este decembro tras ser un dos lugares nos que caeu o Gordo o ano pasado.