Skip to main content
Actualidade

Rematan nas Pontes as obras de aglomerado no Freixo

Por 10 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello das Pontes rematou, a semana pasada, as tarefas de aglomerado de dous viarios na parroquia do Freixo, concretamente no camiño que leva a Pena de Francia e o viario que conecta o Freixo con Somede por Veiga de Nata.

As obras incluíron unha serie de actuacións encamiñadas á rehabilitación integral de ambos viarios coa substitución da antiga capa de rodadura por aglomerado e a limpeza das marxes e as cunetas.

Ademais leváronse a cabo diversos traballos destinados a mellorar a drenaxe de ambos camiños para evitar que a auga desborde e discorra polos viarios en momentos de choivas intensas e, co obxectivo de que os entroncamentos con outros viarios se realizasen de xeito correcto, procedeuse ó fresado dos dous camiños rurais.

As obras de aglomerado chegaron a súa fase final coa marcaxe das marxes e o pintado dos viarios e, nos próximos día reporase á sinalización vertical nas interseccións afectadas para dar, deste xeito, por concluído o proxecto.

O goberno local remarca a importancia destas actuacións xa que “permiten mellorar as comunicacións e infraestruturas no ámbito rural, dotando ós camiños existentes de maior calidade estrutural e superficial  feito que redunda nunha maior seguridade do tráfico e potencia a mobilidade e a calidade de vida da veciñanza”.