Inauguran en Bordelle un panel da Ruta do Patrimonio

O vindeiro xoves, día 13 de setembro, ás 17 horas, o Mupav realizará na Escola Vella de Bordelle, pertencente ao núcleo de Santaballa, a inauguración dun panel da Ruta do Patrimonio de Bordelle que inclúe diversos elementos do patrimonio natural e cultural desta zona da parroquia de Bordelle. Destacando o acubillo Paleolítico de Pena Grande, a Medoña do Estelo, a Pena do Voitre, ou a Capela de Santiago.

O panel incorpora un plano de detalle, fotografías e textos explicativos dos elementos e un código para descargar un mapa interactivo.

Esta actividade é una iniciativa da Asociación Escola Vella de Bordelle en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, que conta co patrocinio de La Caixa.

Etiquetas